Categorías
Uncategorized @gl

Violoncellos solistas nas tempadas da Sinfónica e da Real Filharmonía

A tempada que se está a iniciar en Galicia contará con varios solistas de renome tanto na programación da Orquestra Sinfónica de Galicia como na Real Filharmonía de Galicia.

Deste xeito, na cidade herculina disfrutaremos do bó facer de Guillermo Pastrana o 11 de Novembro, interpretando o Concerto para violoncello e orquestra en Re menor de Edoard Lalo baixo a dirección de Michal Nesterowicz.

O fabuloso violoncellista francés Gautier Capuçon estará na Cidade de Cristal o 30 de Marzo e farase cargo do Concerto para violonchelo en si bemol menor, op.104. de Antonin Dvorák.

Por outra banda, no Auditorio de Galicia en Santiago de Compostela tamén teremos a Guillermo Pastrana e á Sinfónica de Galicia o día 10 de Novembro.

O 24 de Novembro será o violoncellista xermánico-canadiano Johannes Moser o que interprete o Concerto para violoncello nº1 en Mi bemol Maior Op.107 de Dimitri Shostakovitch acompañado pola Real Filharmonía de Galicia baixo a batuta do venezolano Manuel Hernández Silva.

O Violoncellista Principal da orquestra capitalina Plamen Velev afrontará a Épiphanie para violoncello e orquestra de Andre Caplet baixo a dirección do Principal Director invitado da RFG, o británico Paul Daniel. O concerto terá lugar o 26 de Xaneiro.

Categorías
Uncategorized @gl

Concerto gañadores Premio cidade da Coruña – III Concurso Soncello 2019

O vindeiro martes 26 de Novembro de 2019 ás 19:00 h no Palacio da Ópera da Coruña celebrarase o CONCERTO EXTRAORDINARIO dos gañadores do PREMIO CIDADE DA CORUÑA – III Concurso Soncello para novos cellistas 2019.

Os solistas Iago Domínguez e Alejandro Viana acompañados pola Orquestra Sinfónica de Galicia dirixida por José Trigueros ofrecerán:

  • Concerto para violoncelo en mi menor op. 85 de Edward Elgar
  • Concerto para violoncelo en si menor op. 104 de Antonio Dvorák

A entrada será libre e gratuíta ata completar o aforo ao recinto.

Categorías
Conciertos

Concerto de Thomas & Patrick Demenga coa colaboración do Soncello Ensemble

Concierto de Thomas & Patrick Demenga coa colaboración do Soncello Ensemble

Soncello Ensemble cós irmáns Demenga

Corpus de Lugo

Concierto de Thomas & Patrick Demenga coa colaboración do Soncello Ensemble
Obras de Barriere, Demenga, Paganini, Barber e Piazzolla

6 de Xuño 20.30, Círculo das Artes de Lugo

Categorías
Uncategorized @gl

Unha profesora do Conservatorio impulsa a asociación galega de violonchelistas – La Opinión A Coruña

Una profesora del Conservatorio impulsa la asociación gallega de violonchelistas – La Opinión A Coruña.

Categorías
Uncategorized @gl

Modern Cello Techniques

Modern Cello Techniques.

Grande ferramenta na rede para violoncellistas e compositores interesados no desenrolo das técnicas cellísticas asociadas á interpretación da música de hoxe. Moi recomendable 🙂

Categorías
Uncategorized @gl

Entrevista a Johannes Moser para os “Cadernos Soncello”

Con motivo da visita do afamado violoncellista Johannes Moser a Galicia, Soncello terá o privilexio de realizarlle unha entrevista que aparecerá no primeiro número dos “Cadernos Soncello”, publicación dixital exclusiva para os asociados. Johannes Moser está ofrecendo Masterclasses ao longo desta semana na Escola de Altos Estudios Musicais e o Xoves 24 será principal protagonista do concerto de abono da Real Filharmonía de Galicia interpretando o Concerto para violoncello núm.1 en Mi bemol mayor, op.107 de D. Shostakovitch baixo a dirección de Manuel Hernández Silva.

Categorías
Uncategorized @gl

Guillermo Pastrana e os “Cadernos Soncello”

O vindeiro sábado 12 de noviembre Soncello entrevistará a Guillermo Pastrana, xoven violoncellista que toca como solista coa OSG esta semana o concerto de Lalo . Os concertos son hoxe (xoves 10) no Auditorio de Galicia en Santiago e mañán (venres 11) no Pazo da Opera na Coruña.
Esta e outras entrevistas e artigos formarán parte do primeiro número de Cadernos Soncello, publicación de carácter semestral para os asociados. Agardamos ter o primeir número preparado coincidindo coa Xuntanza 2012, que se celebrará os días 25 e 26 de Febreiro.
Categorías
Uncategorized @gl

Clases Maxistrais da Escola Municipal de Música de Santiago de Compostela

O violoncellista Carlos García Amigo, membro da Real Filharmonía de Galicia, do ensemble s21 e Secretario de Soncello dende a súa fundación impartirá Clases Maxistrais en 2012 organizadas pola Escola Municipal de Música de Santiago de Compostela.

Máis info no enderezo info@esmucompostela.es e no teléfono 981 528 701

Categorías
Uncategorized @gl

Gonzalo Bayolo-Luthier convértese en patrocinador da Xuntanza Soncello

O Luthier galego Gonzalo Bayolo será un dos patrocinadores da Xuntanza Soncello do vindeiro mes de Febreiro. Gonzalo traballa profesionalmente dende 1995 e ten feito máis de 40 instrumentos da familia do violín.

http://www.luthierbayolo.com/

Categorías
Uncategorized @gl

PAU CASALS | FUNDACIÓN PAU CASALS bolsas

 

La BECA PAU CASALS que ofrece la Fundación Pau Casals quiere ayudar a los jóvenes violonchelistas a ampliar los estudios del instrumento para perfeccionar su técnica y el arte mediante la continuidad de los estudios y la formación con profesionales destacados.

Más info sobre las bases de adjudicación AQUÍ