Asóciate

Por que asociarse?

  • Como parte activa da Comunidade Soncello achegarás as túas ideas, suxestións, puntos de vista e opinións en asembleas e reunións que se convoquen.
  • Gozarás de preferencia e descontos nas actividades que se organicen.
  • Recibirás os nosos “Cuadernos Soncello” con información directa sobre convocatorias, concursos, entrevistas etc.
  • Becier Assegurances, de GrupBecier colabora con Soncello realizando un desconto do 10% a aqueles asociados de Soncello que queiran asegurar o seu instrumento con eles.
  • Terás acceso á área exclusiva de socios.
  • Gozarás das vantaxes que supón formar parte de Soncello nas actividades que organizan institucións coas que temos convenios establecidos ou acordos puntuais de colaboración : Escola de Altos Estudos Musicais de Galicia (EAEM), Universidade de Santiago de Compostela (USC), Consorcio para a Promoción do Música etc.

Como asociarse?

Simplemente imprime e cumprimenta o noso formulario de inscrición e háznoslo chegar por correo postal á dirección indicada no propio documento ou via correo electrónico previamente escaneado e asinado a info@soncello.com A posibilidade de asociarse está aberta durante todo o ano.

O formulario de inscrición está dispoñible en dous formatos:

  • Documento PDF descargable e imprimible: para quen prefiran cubrir os datos a man sobre un papel e enviárnolo por fax, corrreo postal ou por correo electrónico, como documento adxunto escaneado.
  • Formulario online: un pouquiño máis áxil. Simplemente é necesario cubrir o formulario desta mesma páxina. Os datos bancarios e a autorización (se fose necesaria) solicitarémoschas por correo electrónico axiña que recibamos o formulario.
Descarga aquí o formulario de inscripción.

Formulario online

* Requiere una autorización del padre/madre/tutor


He leído y acepto el Aviso Legal y la Política de Privacidad.

He leído y acepto el Aviso Legal y la Política de Privacidad.

This post is also available in: Español (Spanish)