Soncello

[ This text in English ]

Soncello é unha asociación que agrupa a quen temos en común unha paixón: o Violoncello. Somos persoas con traxectorias diversas que sentimos o cello como o noso compañeiro de viaxe, a nosa voz, a nosa ferramenta de traballo, a nosa afección. De aí a elección do nome Soncello: voz, identidade e música comprendidas nun só termo. Cremos que a unión fai a forza e a nosa intención é que os que sentimos o violoncello deste xeito traballemos xuntos compartindo música e actividades. Xa somos case 100 persoas as que integramos Soncello. Se es violoncellista profesional, estudante, amateur ou che sentes vinculado dalgún modo especial ao violoncello, entra a formar parte da nosa asociación.

Obxectivos da asociación:

Desde Soncello promovemos actividades co ánimo de dinamizar a cultura e coñecemento ao redor do Violoncello en Galicia partiendo deste triángulo: Xuntanza Soncello: Xornada(s) de carácter anual na cal asociados, simpatizantes e afeccionados ao Violoncello poden compartir en vivo a súa paixón a través de actividades diversas relacionadas co violoncello Concursos enfocados fundamentalmente a estudantes de Violoncello dos Conservatorios, Escolas e Academias de Música de Galicia co obxectivo primordial de motivar de face ao estudo e a superación persoal. Cursos e Masterclasses impartidos por contrastadas figuras do noso instrumento tanto no campo interpretativo como no docente. Do mesmo xeito entendemos fundamental a organización de conferencias e cursos de materias relacionadas e que enriquezan e complementen a formación musical dos violoncellistas (técnicas de relaxación, orientación ao mundo profesional, técnicas de superación ao medo escénico, preparación física para o estudo, encontros de docentes, etc.).

Contacta con Soncello Asociate

Directiva:

Carolina LandrisciniCarolina Landriscini (Presidenta)

Profesora de violoncelo no Conservatorio Superior de Música da Coruña, é convidada regularmente a impartir Masterclasses na ESMAE do Porto (Portugal), a Facultade de Música da Universidade de Ostrava (República Checa), a Academia de Música de Cracovia (Polonia), Conservatorio Santa Cecilia de Roma (Italia), Curso de verán do Festival Internacional de Música de Vitoria, Curso e Festival Presjovem de Córdoba e Curso de Verán “Fagamos Música” en Carrión de los Condes e Miranda de Ebro. Recentemente doctorada pola Universidade da Coruña cunha tese sobre David Popper, formouse en Francia cos profesores Jacques Doué no Conservatorio de Bayona e Xavier Gagnepain no Conservatorio de Boulogne-Billancourt, e baixo a tutela de Janos Starker na Universidade de Indiana, en Estados Unidos. Participou en Festivais Internacionais de Música como Lles Arcs e Pablo Casals en Prades (Francia), Lenk (Suíza), Academia Chigiana de Siena (Italia), Manchester (Reino Unido), Kronberg (Alemaña), etc. Lidera o conxunto de violoncelos Soncello Ensemble.


Isabel Figueroa (Tesoureira)

Profesora de violoncelo e música de cámara no Conservatorio Profesional de Música de Vigo. Realizou os seus estudos de violoncelo moderno e música de cámara no Conservatorio Superior de Santiago de Compostela e a Hogeschool voor de Kunsten Utrecht (Holanda) e é graduada en música antiga- violoncelo barroco pola ESMAE do Porto. Paralelamente ao seu traballo como docente, desenvolve un gran labor camerística (Cuarteto Ephimere, Trío Acanto) e é violoncelo principal da Orquestra Sinfónica Vigo 430 e da Orquestra Barroca Vigo 430, ademais de tocar con agrupacións de música antiga como Ao Ayre Español e máis recentemente con Gli Incogniti.


Isabel Font (Secretaria)

Natural de Palencia, comeza os seus estudos de violoncelo no conservatorio da devandita cidade coas profesoras Lida Llordén Velasco e Nuria Rosa Muntañola. Compaxina os seus estudos cos realizados con María de Macedo. Cursa os seus estudos superiores no Conservatorio Superior de Música de Salamanca cos profesores Iagoba Fanlo e Aldo Mata e na Escola Superior de Música de Cataluña (ESMUC) cos profesores Alain Meunier, Damián Martínez e Charles Tunnell, recibindo clases de música de cámara de man dos integrantes do Cuarteto Casals. En 2007 estuda con Bárbara Switalska na Escola de Altos Estudos Musicais de Santiago de Compostela, e posteriormente continúa estudos de perfeccionamento con Asier Polo. Galardoada co terceiro premio no ?V Certame Vila de Salou? (Tarragona), queda finalista no concurso de cámara ?Vila de Ponts? (Lérida), a súa actividade camerística é prolífica, ofrecendo concertos en diversos festivais e ciclos organizados pola Deputación Provincial de Palencia, Xunta de Castela e León, Deputación Provincial de Pontevedra, etc. Desenvolve o seu labor pedagóxico como profesora de violoncelo en diferentes conservatorios profesionais de música.


Criptana Angulo (Vocal. Coordinadora Cuadernos Soncello)

Nada en Madrid, obtén o Título Superior de violoncelo no Conservatorio Superior de Música de Salamanca e o de Música de Cámara en Madrid. No Conservatorio Superior de Xenebra (Suíza) recibe o “Diploma de Perfeccionamento” con D. Grosgurin. Así mesmo estudou con María de Macedo, Marçal Cervera, Lluis Claret, Dmitri Ferschtman, Colin Carr e Janos Starker.
Foi membro da J.O.N.D.E., da Nova Orquestra Iberoamericana e da Orquestra Sinfónica de Estremadura, ademais de invitada pola Orquestra da RTVE, a Orquestra Sinfónica da Comunidade de Madrid, a Orchestre da Suisse Romande e a Real Filharmonía de Galicia, entre outras.
Actualmente compaxina a docencia en diferentes Conservatorios de Galicia con actuacións en diversas agrupacións camerísticas como Soncello Ensemble.


This post is also available in: Español (Spanish)