Violoncellos solistas nas tempadas da Sinfónica e da Real Filharmonía

A tempada que se está a iniciar en Galicia contará con varios solistas de renome tanto na programación da Orquestra Sinfónica de Galicia como na Real Filharmonía de Galicia.

Deste xeito, na cidade herculina disfrutaremos do bó facer de Guillermo Pastrana o 11 de Novembro, interpretando o Concerto para violoncello e orquestra en Re menor de Edoard Lalo baixo a dirección de Michal Nesterowicz.

O fabuloso violoncellista francés Gautier Capuçon estará na Cidade de Cristal o 30 de Marzo e farase cargo do Concerto para violonchelo en si bemol menor, op.104. de Antonin Dvorák.

Por outra banda, no Auditorio de Galicia en Santiago de Compostela tamén teremos a Guillermo Pastrana e á Sinfónica de Galicia o día 10 de Novembro.

O 24 de Novembro será o violoncellista xermánico-canadiano Johannes Moser o que interprete o Concerto para violoncello nº1 en Mi bemol Maior Op.107 de Dimitri Shostakovitch acompañado pola Real Filharmonía de Galicia baixo a batuta do venezolano Manuel Hernández Silva.

O Violoncellista Principal da orquestra capitalina Plamen Velev afrontará a Épiphanie para violoncello e orquestra de Andre Caplet baixo a dirección do Principal Director invitado da RFG, o británico Paul Daniel. O concerto terá lugar o 26 de Xaneiro.

This post is also available in: Español (Spanish)

Deixa un comentario