PROGRAMA DE ACTIVIDADES – IV CURSO DE VERÁN SONCELLO 2019

Tras o éxito acadado en edicións pasadas, a Asociación de Violoncellistas de Galicia Soncello organiza o IV Curso Verán Soncello que terá lugar en Panxón (Nigrán), entre o 15 e o 20 de xullo de 2019.

As actividades inclúen clases individuais e colectivas coas profesoras Carolina Landriscini, Isabel Font e Isabel Figueroa, clases e ensaios de conxunto, orquestra de violoncellos, obradoiros de técnica (Carolina Landriscini), violoncello barroco (Fernando Santiago) ou improvisación libre (Margarida Mariño), Pilates (Isabel Font) ademáis de outras actividades de tipo lúdico e de lecer.

Este curso dirixido a violoncellistas de todas as niveles e terá lugar nas instalación do CEE de Panxón.

Aquí podedes ver o programa de actividades que temos preparado:

Por outra banda, o curso organizará varios concertos, levados a cabo por músicos convidados, profesores e o propio alumnado do curso, que serán de entrada gratuita para a veciñanza, coas datas e horario seguinte:

  • Luns 15, Auditorio de Nigrán ás 21’30h

Ensemble Allettamento (Mario Braña, violín barroco/Elsa Pidre cello barroco)

  • Xoves 18, Exteriores da Capela da Alameda de Ramallosa ás 22’00h

Margarida Mariño (cello, loop) e Iván Nogueira

  • Venres 19, patio exterior CEE de Panxón ás 22’00h

Alumnado e profesorado do IV Curso Soncello

Deja un comentario