Entrevista a Johannes Moser para os “Cadernos Soncello”

Con motivo da visita do afamado violoncellista Johannes Moser a Galicia, Soncello terá o privilexio de realizarlle unha entrevista que aparecerá no primeiro número dos “Cadernos Soncello”, publicación dixital exclusiva para os asociados. Johannes Moser está ofrecendo Masterclasses ao longo desta semana na Escola de Altos Estudios Musicais e o Xoves 24 será principal protagonista do concerto de abono da Real Filharmonía de Galicia interpretando o Concerto para violoncello núm.1 en Mi bemol mayor, op.107 de D. Shostakovitch baixo a dirección de Manuel Hernández Silva.

Deixa un comentario